Cunca

€154,05
IVA incluido

Cunca feita a man en madeira de oliveira.

Medidas: 34 cm x 26 cm x 12 cm.

Cantidade
There are not enough products in stock

  • Pago y Navegación segura SSL Pago y Navegación segura SSL
  • Entrega 24/48 horas. Entrega 24/48 horas.
  • Envío gratis a partir de 75 €.- Envío gratis a partir de 75 €.-

Cunca feita a man dunha berruga de madeira de oliveira, peza única que na súa vertente máis decorativa lucirá espectacular na túa mesa de centro ou no teu aparador e na súa vertente máis funcional e utilitaria servirá como contedor de todo aquilo que se che ocorra: pan, petiscos, froita e máis, achegando en todos os casos a beleza da natureza e a personalidade do traballo artesán o teu fogar. Como sempre con todas as características da madeira de oliveira:

Madeira non porosa: o seu poro pechado fai que non absorba os restos de alimentos polo que é altamente hixiénica e antibacteriana.

Madeira moi dura: a madeira de oliveira ten un grao de dureza moi alto, como outras madeiras duras obtense de árbores de crecemento lento e son madeiras máis densas e pesadas e por tanto máis resistentes.

Madeira moi bonita: ademais das innegables características prácticas da madeira de oliveira non é menos destacable a súa beleza natural, que se acentúa grazas ao seu enorme e peculiar veteado, que fai sobresaír calquera peza realizada neste material, contribuíndo a embelecer as nosas cociñas e mesas.

CUNCA04

Tamén che podería gustar