Bandexa

€63,42
IVA incluido

Bandexa feita a man en madeira de oliveira.

Medidas: 28 cm x 28 cm x 6 cm.

Cantidade

  • Pago y Navegación segura SSL Pago y Navegación segura SSL
  • Entrega 24/48 horas. Entrega 24/48 horas.
  • Envío gratis a partir de 75 €.- Envío gratis a partir de 75 €.-

Bandexa feita a man en madeira de oliveira, peza única que na súa vertente máis decorativa lucirá espectacular na túa mesa de centro ou no teu aparador e na súa vertente máis funcional e utilitaria servirá como bandexa para transportar os teus vasos de cristal ou a túa louza ou como contedor de todo aquilo que se che ocorra, achegando en todos os casos a beleza da natureza e a personalidade do traballo artesán. Como sempre con todas as caracteristicas da madeira de oliveira:

Madeira non porosa: o seu poro pechado fai que non absorba os restos de alimentos polo que é altamente hixiénica e antibacteriana.

Madeira moi dura: a madeira de oliveira ten un grao de dureza moi alto, como outras madeiras duras obtense de árbores de crecemento lento e son madeiras máis densas e pesadas e por tanto máis resistentes.

Madeira moi bonita: ademais das innegables características prácticas da madeira de oliveira non é menos destacable a súa beleza natural, que se acentúa grazas ao seu enorme e peculiar veteado, que fai sobresaír calquera peza realizada neste material, contribuíndo a embelecer as nosas cociñas e mesas.

BANDE01

Tamén che podería gustar