PREGUNTAS FRECUENTES - FAQS

1.- Levan verniz as pezas?

Non, non levan verniz, están acabadas con aceite vexetal en concreto aceite de xirasol do que se usa para cociñar.

2.- Pódense usar as pezas nunha cociña profesional?

Si, o Regulamento 852/2004 establece o seguinte en relación cos materiais en contacto con alimentos : “Non deberán ser porosos nin absorbentes e serán resistentes a golpes e ralladuras, deben ser de fácil limpeza e desinfección e que non supoñan un foco de desenvolvemento bacteriano”, por tanto esta permitido o uso de madeira de oliveira que cumpre coa premisa de non ser porosa e ter un grao de dureza e resistencia moi alto.

3.-Pódense meter as pezas no lavalouzas?

A nosa recomendación é non meter nada no lavalouzas porque o seu uso castiga moito as pezas co que acurtamos a súa vida útil.

4.- Que coidados ou mantemento demandan as pezas?

Ao lavar as pezas con auga, esta deshidrata a madeira polo que é convinte que de cando en vez a volvamos a hidratar cun pouco de aceite vexetal, un papel de cociña impregnado en aceite de xirasol devolverá á peza todo o seu brillo.

5.-É posible personalizar unha peza?

Si é posible, ponte en contacto connosco e envíanos o texto ou a imaxe que desexas pór e dirémosche se é posible e canto custa a personalización. Neste caso o tempo de entrega variará e a peza unha vez personalizada non se poderá devolver.

6.- É posible realizar encargos especiais?

Si, se queres unha peza cunhas medidas especiais ou un deseño diferente ponte en contacto connosco, cóntanos a túa idea e dirémosche se é posible realizala e canto che custaría. Neste caso o tempo de entrega variará e a peza non se poderá devolver.

7.- As táboas de cortar son dunha soa peza?

Si, as táboas son dunha soa peza non están formadas por distintas pezas pegada.



Se non atopaches a resposta a túa dúbida contacta con nós en info@artesaniaarmaior.com e procuraremos axudarte.