POLÍTICA DE PRIVACIDADE E COOKIES

Nesta Política de Privacidade e de Cookies atoparás toda a información relevante que se aplica ao uso dos datos persoais dos nosos usuarios.

1.- Política de Privacidade

1.1.- O Responsable do tratamento dos teus datos é: Pablo Rodriguez González (en diante “Armaior”) con CIF 34.261.282E e domicilio na Toca, nº9 27320 Quiroga - Lugo podes contactar con el a través do correo electrónico info@artesaniaarmaior.com.

1.2.- Finalidade do tratamento; en Armaior facémonos cargo de tratar e protexer os teus datos sempre con fins determinados e lexítimos,

-Para xestionar o teu rexistro como usuario da nosa tenda virtual, necesitaremos os teus datos identificativos, isto é nome, apelidos, etc. para darche acceso aos distintos produtos e servizos.

-Para o desenvolvemento, cumprimento e execución do contrato de compravenda ou de servizos que contratases con Armaior.

1.3.- Lexitimación, para cumprir coas finalidades anteriormente mencionadas, contamos coa base legal do teu consentimento, polo que ti terás plenos dereitos sobre os teus datos persoais e sobre o uso dos mesmos e poderás exercitalos en calquera intre.

1.4.- Destinatarios. Armaior compartirá os teus datos únicamente os servizos de transporte e entrega e a pasarela de pago, fora dos supostos anteriores, en ningún caso os teus datos de carácter persoal son cedidos a terceiros.

1.5.- Tempo. O prazo de conservación dos teus datos será o estritamente necesario para cumprir coa finalidade correspondente, posteriormente gardaránse protexidos durante o tempo en que puidesen surxir responsabilidades derivadas do seu tratamento, en cumprimento coa normativa vixente en cada intre, tralo cal procederase á súa supresión.

1.6.- Dereitos. Están regulados pola Lei Organica de Proteción de datos 3/2018, de 5 de decembro, ademais de por o Regulamento Europeo de Protección de datos; podes porte en contacto connosco para exercer os teus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición, etc. escribíndonos un correo electrónico a info@artesaniaarmaior.com.

2.-Política de Cookies:

2.1.- Definición de Cookie, unha cookie é un pequeno tipo de arquivo que se instala no teu computador, teléfono ou outro dispositivo con información sobre a túa navegación; segundo a lei existen dous tipos de cookies: as que non están exentas e sobre as que é necesario informar e obter o consentimento do usuario e as exentas sobre as que non é necesario informar nin obter o consentimento do usuario, estas últimas serían:

-Cookies necesarias para prestar un servizo expresamene solicitado polo usuario.

-Cookies necesarias para permitir a comunicación entre o equipo do usuario e a rede.

2.2.- No noso sitio web usamos Cookies de terceiros exentas coa exclusiva finalidade de prestar o servizo solicitado polos nosos usuarios, isto é Cookies de sesión, de cesta da compra, de personalización da interfaz, etc. NON usamos cookies propias nin de terceiros para tratar datos con calquera outra finalidade diferente ás mencionadas.