ENVÍO E DEVOLUCIÓNS

Enviamos as nosas pezas en stock a España peninsular en 24/48 h., para outros destinos é necesario consultar; para pedidos especiais ou encargos o prazo será de 10 dias. En caso de pago por transferencia bancaria o envío pódese demorar até confirmar o ingreso.

Cancelación de pedidos: se necesitas cambiar ou cancelar o teu pedido, poderás facelo chamando ao teléfono 982 032 079 ou ben enviando un correo electronico a  info@artesaniaarmaior.com mentres o pedido estea en estado de procesamiento, se o pedido está en tránsito e xa saíu do noso almacen non será posible realizar cambios nin cancelacións.

Podes consultar na área de cliente todo o relativo ao teu pedido, á recepción do mesmo debes verificar que non existe ningún erro ou dano, de ser así debes porte en contacto connosco. Lembrámosche que poden existir diferenzas entre as pezas entregadas e as representadas no sitio principalmente por ser produtos artesanais cuxa homoxeneidade non pode xeneralizarse, tales diferenzas posto que non inflúen nas características básicas das pezas e non afectan á súa calidade, non poderán xustificar a cancelación do pedido nin o rexeitamento da entrega. No caso do apartado Pezas Únicas as fotos que aparecen na web correspóndense ao cento por cento coas que o comprador vai recibir.

Dereito de desistimiento e Reembolso: Os clientes da UE teñen por lei garantido o dereito a desistir do contrato de compra dun produto durante 14 días naturais desde que reciben o pedido (Este dereito non se aplica a produtos personalizados ou encargos especiais) para exercer este dereito ponte en contacto connosco en  info@artesaniaarmaior.com. Neste caso e no caso de devolucións por erros, defectos ou danos, deberás facernos chegar o produto no mesmo estado en que o recibiches e coa súa embalaxe orixinal, unha vez comprobado que todo é correcto procederemos a realizar o reembolso do importe máis os gastos de envío iniciais polo método de pago utilizado cando realizaches a compra nun prazo máximo de 15 días.

No caso dun pedido composto por varios produtos, se só devólvese unha parte, se reembolsará o importe dos produtos devoltos máis a parte proporcional dos gastos de envío que lles correspondan. En todos os casos os gastos de devolución correrán de conta do comprador.