Para complementar a túa cubertería na mesa ou para usar na cociña, temos culleres, escumadeiras, garfos e espátulas en madeira de oliveira, pezas duras e resistentes que aguantarán o trote diario durante moito tempo e cuxo poro pechado evitará que se manchen cos alimentos ou que se poñan negras pola acción da humidade; doadas de limpar e tan bonitas que darán ao teu fogar un toque moi especial.